Unha axenda diferente, feita con mimo e pensada para acompañarte durante todo o ano. A nosa Axenda 2027 está totalmente en galego, ten formato A5, é artesanal e conta cunha portada de madeira gravada a láser que podes personalizar para facela única.

No seu interior atoparás unha organización cómoda e práctica, con un día por páxina, ademais de diferentes contidos relacionados coa nosa cultura, tradición e lingua galega.

🌿 ESCOLLE A TÚA PORTADA

Podes escoller entre 3 modelos diferentes de portada.

👉 Ao realizar o pedido, selecciona o modelo de portada que prefires.

As tres opcións corresponden aos modelos que aparecen nas fotografías do produto.

Importante: os modelos de portada son os que se mostran nas imaxes. A cor e o aspecto da madeira poden presentar pequenas variacións, xa que se trata de madeira natural e cada peza ten a súa propia veta, tonalidade e pequenas imperfeccións.

✍️ ENGÁDELLE O TEU NOME

Queres que a axenda leve o teu nome?

Si! 😊

Podes engadir o nome directamente no apartado de PERSONALIZACIÓN ao realizar o pedido.

Por exemplo:

YÉSICA

O nome será incorporado ao deseño da portada mantendo o estilo e a estética da axenda.

⚠️ Revisa moi ben o nome antes de confirmar o pedido. Gravaremos exactamente o texto indicado na personalización, polo que non nos facemos responsables de erros ortográficos ou nomes escritos incorrectamente polo cliente.

📸 TAMÉN PODEMOS FACELA CON UNHA FOTO

Se queres unha axenda totalmente personalizada cunha fotografía, tamén podemos facela.

Para solicitar esta opción:

  1. Realiza a compra da axenda.
  2. No apartado de PERSONALIZACIÓN, escribe: PORTADA PERSONALIZADA.
  3. Despois, fálanos por WhatsApp no 689 909 668 para enviarnos a fotografía e indicarnos como queres a portada.

A partir da fotografía prepararemos o deseño para poder realizar o gravado na madeira.

⚠️ IMPORTANTE SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

Ao tratarse dun gravado a láser sobre madeira, unha fotografía non pode reproducirse exactamente igual que unha impresión fotográfica.

A imaxe será adaptada e convertida para conseguir un resultado adecuado para o gravado. Por este motivo:

  • O resultado non será unha copia idéntica da fotografía orixinal.
  • Poden perderse pequenos detalles, especialmente detalles moi finos.
  • As cores da fotografía non se reproducen, xa que o resultado final é un gravado sobre madeira.
  • A iluminación, sombras, fondos e pequenos detalles poden verse diferentes.
  • As fotografías con boa iluminación, boa resolución e os rostros ben visibles adoitan ofrecer mellores resultados.
  • Fotografías escuras, desenfocadas, con pouca resolución ou con persoas moi afastadas poden dar un resultado menos definido.

Ao solicitar unha portada con fotografía, o cliente acepta que a imaxe será adaptada para o proceso de gravado e que o resultado final pode presentar diferenzas respecto da fotografía enviada.

Se consideramos que a fotografía pode dar problemas para o gravado, contactaremos contigo antes de realizar o traballo.

🏢 TAMÉN PARA EMPRESAS

As axendas tamén poden realizarse con o logotipo da túa empresa.

É unha opción perfecta para:

  • Regalos para clientes.
  • Detalles para empregados.
  • Agasallos de Nadal.
  • Regalos corporativos.
  • Eventos e celebracións de empresa.

Se queres a axenda co teu logo, selecciona a opción correspondente na personalización e contacta connosco por WhatsApp no 689 909 668 para enviarnos o ficheiro do logotipo.

Recomendamos enviarnos o logo coa maior calidade posible. Dependendo do deseño, pode ser necesario adaptalo para conseguir un gravado correcto na madeira.

🌳 SOBRE A MADEIRA E O GRAVADO

Cada axenda está realizada con madeira natural, polo que non existen dúas pezas exactamente iguais.

A tonalidade, a veta, os nós e pequenas marcas propias da madeira poden variar dunha unidade a outra. Estas características forman parte da propia natureza do material e non se consideran defectos.

O gravado a láser tamén pode presentar pequenas variacións de tonalidade ou intensidade dependendo da propia madeira.

Por iso, a fotografía da web é orientativa e o produto recibido pode presentar pequenas diferenzas respecto da imaxe mostrada.

📖 QUE INCLÚE A AXENDA?

✔️ Axenda 2027
✔️ Formato A5
✔️ 200 páxinas
✔️ Organización de un día por páxina
✔️ Contido totalmente en galego
✔️ Contidos relacionados coa cultura e tradición galega
✔️ Portada de madeira gravada a láser
✔️ Portada personalizable con nome
✔️ Posibilidade de personalización con fotografía
✔️ Posibilidade de personalización con logotipo de empresa

❤️ UNHA AXENDA FEITA PARA DURAR

Non é simplemente unha axenda. É unha peza personalizada, realizada artesanalmente e pensada para que cada persoa poida ter unha axenda diferente e especial.

Escolle o teu modelo, engade o teu nome e fai que a túa Axenda 2027 sexa realmente túa.

 

AXE-001
49 Artículos

otros productos

16 otros productos de la misma categoría:
Producto añadido para comparar.