Pendentes inspirados nas tradicionais ferreñas galegas, reinterpretadas nun deseño actual para levar a nosa tradición tamén no día a día. Dispoñibles en negro azabache ou vermello.
Ver personalización
No olvides guardar tu personalización para poder agregar al carritoPendentes inspirados na pandeireta tradicional galega, reinterpretada nun deseño actual, orixinal e cheo de identidade.
A peza principal mide 3,3 cm de diámetro e combina diferentes materiais para recrear os elementos característicos dunha pandeireta: unha capa de metacrilato espello na parte traseira, dispoñible en dourado ou prateado; unha capa de madeira que simula o aro, coa cor a escoller; e un círculo central de madeira branca que representa o parche da pandeireta.
Na opción de personalización poderás elixir a cor do aro e o acabado do metacrilato espello para crear a combinación que máis che guste.
Un pequeno anaco da nosa tradición convertido nun complemento perfecto para levar a cultura galega contigo no día a día.
As cores poden presentar pequenas variacións respecto das imaxes debido ás características dos materiais e á visualización en pantalla.
Prazo de elaboración: 7-10 días laborables.