Cuadro puño personalizado especial Día del Padre
Pendentes Ferreñas – Negro Azabache ou Vermello
15,00 €
Impuestos incluidos
Pendentes inspirados nas tradicionais ferreñas galegas, reinterpretadas nun deseño actual para levar a nosa tradición tamén no día a día. Dispoñibles en negro azabache ou vermello.
Ver personalización
No olvides guardar tu personalización para poder agregar al carritoUnha peza que nace da nosa tradición e que se adapta ao presente. ❤️
Estes pendentes ferreñas están inspirados nas ferreñas tradicionais galegas, combinando a esencia da nosa artesanía cun deseño actual e fácil de levar no día a día.
A ferreña ten 4 cm de diámetro e está acompañada dun colgante superior de 2 cm, creando un pendente vistoso pero elegante.
A parte superior está realizada en aceiro inoxidable.
Podes escollelos en dúas cores:
- 🖤 Negro azabache, inspirado nun dos elementos máis característicos da nosa tradición.
- ❤️ Vermello, para unha versión máis atrevida e chea de personalidade.
- Debes indicar nas notas a cor
Unha forma de levar Galicia contigo, mesturando tradición, identidade e deseño contemporáneo.
Características
- Ferreña: 4 cm de diámetro
- Colgante superior: 2 cm
- Material da parte superior: aceiro inoxidable
- Cor: negro azabache ou vermello
- Deseño inspirado na tradición galega
- Peza artesanal elaborada por Anxouxeres
FERR-001
97 Artículos
otros productos
16 otros productos de la misma categoría: